• A Trompa Galega

     

    Outros nomes: Birimbao, pio pollo, pio poyo, trompa de París, birimba, birimbas, Brummeisen, Judenharfe, Maultrommel, Mundharmonika, gronde, rebube, trompe de Bearn, trompe de laquais, birimbau, birimban, jew’s harp, jew’s trump, ribeba, scacclapensieri, balimbo, berimbau e mirimbau.

    É un instrumento que se mantivo vivo na Fonsagrada. Actualmente pervive en toda Galiza e Asturias. Hai que destacar a Emilio do Pando e a César Fernández como os últimos tocadores antigos de trompa. Hoxe en día estase a recuperar esta tradición, aparecendo xa en gravacións actuais. Tamén hai antecedentes en Asturias e noutros lugares de Galiza como Vigo ou Pontevedra.

    Defínese como un idiofono composto por un pequeno marco de metal, bambú ou madeira, que leva adosada unha variña flexible ou lengüeta vibratoria, fabricada xeralmente no mesmo material que o bastidor, e que, polo común, na súa forma describe contornos similarres aos dunha ferradura ou orquilla.

    A miña afición polo “birimbao”, (nome polo que coñecín a trompa), comeza cando tiña seis anos e alguén me trae unha de Venezuela, probablemente feita nos estados unidos, tiña o sampón e estaba na cama. O certo e que pouco me durou, e polo que lembro, pouco son lle saquei.

    Anos despois, tento contruir unha con alambre de viña e cunha palleta dun muelle de motoserra, tampouco soaba moito e eu aínda non a comprendía. Un bo día, o meu bo amigo amósame unha trompa de Otilio (trompa da Fonsagrada) en Sb. Nese momento descubro os “armónicos”, e éntrame o berme, e el anímame a méterme neste mundo. Comezo a construir de forma autodidacta pero sempre pensando na trompa da Fonsagrada.

    Na recuperación da trompa, quédanos aínda moito camiño, pero para mín, hai feitos moi importantes como foi coñecer e escoitar a Emilio O Pando, gran tocador e a quen eu considero peza fundamental para comprender o son da trompa.

    Tamén quero resaltar o traballo feito por Luciano Pérez na organización das “Xornadas arredor da Trompa”, no ano 2003.

     14 de Marzo de 2010   Sen comentarios