• Proceso de construcción

    • Eu comezo cun ferro redondo ou cadrado ao que temos que facerlle un burato no centro para meterlle a palleta xunto cunha cuña de ferro. Esta forma de encaixar a palleta existe en poucas culturas do mundo, pola referencia que eu teño, Noruega e Galiza.
    • Entre as diversas clasificacións das trompas do mundo, hai unha que distingue entre Idioglótica, composta por un so elemento e Heteroglótica, composta por dous elementos (palleta dun material e marco do outro). O feito de que unha trompa sexa idioglótica ou heteroglótica non aporta ningunha información sobre o seu funcionamento.
    • Como vemos na foto, o lume, vai ser fundamental no proceso de construcción da trompa.
    • Comezamos facendo o furado para a palleta, proceso bastante complexo polo pequeño tamaño do burato e porque os útiles de furar perden o temple.
    • Volta ao lume para estirar o ferro á medida da afinación que queremos.
    • Tamén no lume dámoslle forma.
    • O marco da trompa ten un proceso moi variado: furar, estirar, dar forma, limar e pulir. Para facer máis precisos estes traballos, eu desenvolvín varios útiles.
    • Pasamos agora á palleta, o gran problema: Despois de experimentar con moitas clases de aceiro para comprobar a súa elasticidade, desbotando centos de palletas, comezo a proporcionar o aceiro da palleta, partindo sempre da trompa en Sb da Fonsagrada.
    • Cada constructor dalle o seu estilo, para mín as que tiña probado, andaban un pouco escasas de volume.
    • Eu comecei afinando primeiro a de Sb bastante precisa, para despois ir desenvolvendo tódalas tonalidades dende Sb grave ata Re natural.
     14 de Marzo de 2010   Sen comentarios